Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove inscribe para a ruta das Perseidas e continúa coas actividades de verán

Por 8 Agosto, 2019Sin comentarios

Dentro do Programa Verán Xove 2019, programado para este período estival polo Concello xovense, proseguen as actividades de todo tipo. Ademáis das que están activas, para os vindeiros días hai varias propostas, como unha ruta de sendeirismo ‘As Perseidas’, para o luns 12 de agosto, organizada pola ACD Xove. Para inscribirse na mesma hai que facelo na Piscina Municipal (Blanco) ou ben chamando ao 618 976 159, habendo de prazo ata o 9 de agosto. As prazas son limitadas.

Por exemplo, xogouse os bolos no centro social de Vilachá, con campionatos organizados pola Asociación de Festexos a Medorra e o Club de Bolos Xove e coa colaboración do Concello de Xove. Houbo dúas xornadas, unha para federados e outra iniciática para non federados. Tanto nunha como na outra participou un bo número de xogodores, tanto en categoría sénior (masculina e feminina), como en categorías inferiores. O numeroso grupo de persoas xóvenes e adultos que se achegaron a este deporte por primeira vez dá esperanza de que teña futuro.

O pádel no verán comezou o pasado 1 de xuño e vai a prolongarse ata o próximo 16 de agosto. Estase desenvolvendo na Pista de Pádel Municipal, anexa á Piscina, e conta con 18 nenos e rapaces inscritos.

As clases de zumba desenvólvense os martes e xoves, en horario de 10:30 a 11:30 horas, na Aula Multideportiva do Concello. Comezaron o 2 de xullo e van desenvolverse ata o 13 de agosto. Conta con 21 inscritos.

Tamén hai prevista unha ruta nocturna en kayaks o martes 13 de agosto no Portiño de Morás a partires das 22:00 horas. A inscrición realizarase no lugar da actividade unha hora antes do comezo. É unha actividade para idades a partir de 8 anos.