A cuarta festa da paella invita a visitar Landrove

A parroquia vivariense de Landrove invita a participar da cuarta festa da paella, no atrio da igrexa, que terá lugar o 10 de agosto, ás 21.30 horas. O prezo das racións será de seis euros para os asociados e tan só dous euros máis para os que non o son e inclúen pan e café.

Un disc jockey amenizará a velada que organiza a asociación cultural Pequenos Pasos de Landrove.

Etiquetas