Haberá autobuses por dez euros para ir á Maruxaina o sábado dende Ribadeo, Barreiros e Foz

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, ofrece servizo de autobús para desprazarse a San Ciprián (Cervo) este sábado, 10 de agosto, con motivo da celebración da festa da Maruxaina. Os autocares terán saídas desde Ribadeo, Barreiros e Foz.

O primeiro servizo sairá de Ribadeo ás 17:00 horas e o segundo ás 21:00 horas e fará paradas para recoller viaxeiros en Barreiros e Foz. Para regresar tamén haberá dous servizos, un ás 05:00 e o outro ás 07:00 horas. O prezo da viaxe de ida e volta é de 10 euros por persoa.

A reserva de prazas pode facerse na axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, ou a través do teléfono 676.44.54.65.

 

Etiquetas