O barco Ventolín gañou o trofeo Concello de Ribadeo de vela

Ventolín impúxose na regata de vela tradicional XXIX Trofeo Concello de Ribadeo do mércores día 7, con seis embarcacións participantes, na Semana Náutica Ría de Ribadeo. A proba celebrouse nunha tarde de pouco vento e con choivas, segundo a organización do Real Clube Naútico de Ribadeo. Ras e Aquiles quedaron segundo e tercera.

O sábado 10 ás 11 horas terá lugar o VI Trofeo Seat-Talleres Armando Escolas de Verán de vela lixeira e ás 17 horas dará comezo o VIII Trofeo Abanca de cruceiro local. E o domingo 11, ás 11 horas, terá lugar o XXI Trofeo Escola Municipal de Vela de lixeira e ás 17:00 horas o I Trofeo Xunta de Galicia de vela tradicional.

Ademáis para o luns 12 foi aprazado o IV Trofeo Banco Sabadell Galego de vela tradicional, que non puido celebrarse o pasado martes por falta de vento.

O sábado 17 de agosto celebrarase o acto de entrega de trofeos da XXIX Semana Náutica a partir das 20:00 horas nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.

 

Etiquetas