Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O PSOE apoia a manifestación en Burela dos enfermeiros eventuais

Por 9 Agosto, 2019Sin comentarios

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo e Deputada Autonómica,  Patricia Otero, a Voceira de Sanidade do PSOE no Congreso, Ana Prieto e a Secretaria  de Sanidade da Executiva Provincial, Carmen Gómez, mantiveron esta mañá, na sede do Partido Socialista en Lugo, un encontro co colectivo sanitario “Enfermeiros Eventuais en loita”, para coñecer as súas reivindicacións, xa que denuncian unha alta taxa de inestabilidade e precariedade laboral na sanidade. Este colectivo expuxo as súas propostas para que a sanidade pública galega “rexurda de novo”.

Anunciou que o PSdeG-PSOE participará, o vindeiro luns dia 12 de agosto, na manifestación que este colectivo ten convocado diante do Hospital da Costa de Burela ás 12:00 horas.

Otero anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento de Galicia para denunciar as condicións de trabalo que manteñen estes traballadores co Sergas. Ademais lembrou que o Grupo Socialista defendeu na Cámara Autonómica unha iniciativa para impulsar un plan de persoal sanitario co fin de rematar coa precariedade dos traballadores, así como un catálogo de servizos mínimos e iniciativas para frear as derivacións á privada. Este iniciativa foirexeitada polo PP de Feijóo.

Os socialistas afirman que traballarán dende todos os ámbitos que sexa posible para recuperar a calidade perdida na sanidade pública. Otero remarcou que dende o PSdeG-PSOE “apostamos sen reservas por unha sanidade, pública, de calidade e universal”, insistiu.