A ría de Ribadeo está a ser o escenario dunha Semana Náutica ata o 12 de agosto

O Real Club Náutico de Ribadeo está inmerso na XXIX edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo, que empezou o 5 e que remataría este 11 de agosto con diversas probas de cruceiro e vela tradicional, pero que continúa en realidade o luns, 12 de agosto, porque unha das probas da semana pasada suspendeuse por falta de vento e farase ao comezo da semana.

O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, manifestou que “é unha satisfacción, un ano máis, facer a Semana Náutica”.

Ramón Acuña engadiu que “este ano hai algunha complicación porque a verdade é que nunca sabe un como vai acertar co tempo”.

A XXIX Semana Náutica Ría de Ribadeo comezou o luns 5 de agosto co VIII Trofeo Acisa de cruceiro local. O martes 6 disputouse o IV Trofeo Banco Sabadell Gallego de vela tradicional. O mércores 7 tivo lugar o XXIX Trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional. O xoves 8 desenvolvéuse o VIII Trofeo RCN de Ribadeo Semana Náutica de cruceiro local e o venres 9, o XXI Trofeo Deputación de Lugo de vela tradicional. Todas as probas deron comezo ás 17:00 horas.

O sábado 10, ás 11:00 horas,  é o I Trofeo ‘Seat-Talleres Armando Escuelas de Verano’ de vela lixeira e ás 17:00 horas será o VIII Trofeo Abanca de cruceiro local. Finalmente o domingo 11 ás 11:00 horas terá lugar o XXI Trofeo ‘Escuela Municipal de Vela’ lixeira e ás 17:00 horas, o I Trofeo Xunta de Galicia de vela tradicional. 

O 17 de agosto celebraráse o acto de entrega de trofeos da XXIX Semana Náutica a partir das 20:00 horas nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.

Ademáis o presidente, a presentación do evento hai varios días, acudiron ao peirao deportivo ribadense o vicepresidente da entidade, Pablo Fernández; o secretario, Fermín Rodríguez; e o vogal Juan López. En representación da corporación ribadense estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e os edís Daniel Vega, Begoña Sanjurjo e Marta García. Participou a xefa territorial de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, María José Gómez; o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez e de Talleres Armando estivo Alberto Rodríguez.

 

Etiquetas