Cen parellas están xogando un torneo de pádel en Ribadeo

Con gran éxito está celebrándose o VIII Open de Pádel Ditram Axa, que se disputa ata o 11 de agosto. O evento deportivo, no que se dan cita cerca de 100 parellas, está organizado polo Pádel Club Ribadeo.

O VIII Open de Pádel Ditram Axa dispútase nas instalacións do Pádel Club Ribadeo nas categorías 1ª, 2ª e 3ª Masculina, 1ª y 3ª Feminina e Mixta.

Os premios consistirán en material deportivo para todos os finalistas. Ademáis haberá un sorteo de regalos no acto de entrega dos mesmos. As finais vanse xogar o próximo domingo, día 11, desde o mediodía e ata as seis e media da tarde. 

Pádel Club Ribadeo organiza este Open co patrocinio e a colaboración de Ditram A Mariña en Foz, Axa GT en Ribadeo, Burela e Viveiro, Multitrasteros Ribadeo e Gestión Gratelu.

 

Etiquetas