Ourol despregará unha campaña contra as agresións sexuais con motivo das festas deste fin de semana

Dentro da Programación de Actividades das Festas Patronais de Ourol, o día 15 de Agosto de 2019, en horario de 12:00 a 17:00 h, montarase no campo da Igrexa un Stand informativo de sensibilización e prevención da violencia de xénero.

Neste stand levaranse a cabo distintas actividades e distribuiranse diversos materiais de información e divulgativos a todas aquelas persoas que se queiran achegar.

Esta actividade enmárcase no Acordo de Colaboración asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación de Municipios e Provincias de Galicia, de sensibilización e prevención da violencia sexual a desenvolver en festas locais de Galicia.

Etiquetas