Tres xeracións de mariñáns, avó, pai e fillo, percorren xuntos o Camiño a Santiago

Tres xeracións de mariñáns, concretamente ribadenses, avó, pai e fillo, percorreron xuntos o Camiño a Santiago pola senda norte. A súa xesta comezou cando o pai, Iván Rodríguez, decidiu emprender a marcha aló polo ano 2010 co seu fillo, cando Xián era tan só un bebé que aínda non cumprira os dous anos. Tres días empregaran para facer a ruta nunha bicicleta cun carrito adaptado, ao longo de 200 kilómetros.

O pai xa peregrinara noutras dúas ocasións a Santiago e daquela comentou por que o quixo emprender co seu cativo e por suposto co consentimento da súa nai e dicía que quería pasar tempo con Xián porque polo seu traballo, coma director de dous hoteis en Asturias, tiña que durmir a miúdo en Oviedo, lonxe da casa e varios días á semana.

Ademáis, ao seu fillo «encántalle dende moi cativo ir en bici», polo que o pai mercóulle unha silla adaptada para que o acompañase nos seus paseos.

O ano seguinte, pai e fillo volveron peregrinar pero esta vez sumaron o sogro del, o avó de Xián, Xosé Carlos Cid, que tivo que retirarse por lesión ao caer cerca de Melide, aínda que deu completado esa etapa ata cear un bo polbo. Deste xeito, como confirma Rodríguez, el leva 16 camiños ás súas costas, pero o máis destacado é o caso de Xián, que con tan só dez anos pode presumir de telo feito sete veces. Semella que foi onte cando o pai tiraba do carrito no que viaxaba o meniño en bicicleta. Moito cambiaron as cousas, posto que aquel cativo de dous aniños, agora con dez é capaz de percorrer el só etapas de 60 kilómetros.

De feito, parece completarse un ciclo posto que Rodríguez comezou facer o Camiño por motivos que tiñan que ver co seu sogro, no ano 2000 e dende aquela practicamente non fallou nunca e agora, como el mesmo di, tócalle a Xián seguir o que considera un san costume.

A motivación non é outra que a de compartir, asegura, coa familia este deporte, os incribles paraxes da terra galega e por suposto, como pai, pasar con Xián 24 horas ao día.

O pasado 24 de xullo, poucas horas antes do Apóstolo, chegaron a Compostela e fóronos recoller a súa dona, Alba, co seu fillo máis cativo, Breixo, ademais da súa sogra, Blanca.

 

Etiquetas