Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia que a comarca está sen pediatras porque non se cubren as baixas

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

A decisión do goberno da Xunta e do Sergas de non substituir os pediatras en vacacións ou con calquera outro permiso  sume á comarca nunha situación crítica , que ben podería chegar a convertirse en emerxencia. As políticas do PP de non cubrir as ausencias xustificadas destes profesionais durante todo o ano exarcérbanse no período estival , polas vacacións sen substituir do persoal,  o que provoca caos asistencial e alarma social ante a posibilidade de ter que percorrer moitos quilómetros de distancia para que unha crianza poda ser atendida por un ou unha pediatra.

A Plataforma Sanitaria da Mariña tivo coñecemento de que na actualidade a pediatra que atende os concellos de Barreiros , Mondoñedo e Lourenzá está a desfrutar do seu período vacacional sen ser substituída – nin siquera algún día á semana -, ao igual que as profesionais que atenden os concellos de Ribadeo e Foz. No caso de Foz ( onde só se substitue á profesional algun día) , a ausencia de pediatra afectaría tamén aos concellos de Valadouro e Alfoz, ao non dispoñer estes últimos con servizo de pediatría propio e ter que desplazarse ao concello de Foz, para ser atendidos por unha profesional sobrecargada de traballo e cunha reducción de xornada tampouco substituída.

INSULTO. Para o colectivo sanitario a resposta que deu o Sergas ás críticas realizadas polo Concello de Barreiros esixindo que se substitúa á pediatra semellan un insulto a mariñás e mariñaos, posto que as afirmacións de que “os rapaces están perfectamente atendidos cos médicos de familia“ e que no caso de existir algunha urxencia a atención pediátrica está reforzada polos pediatras dos concellos limítrofes e tamén polo servizo de pediatría do hospital” non se poden consentir, e desde este colectivo esiximos unha desculpa pública e que dunha vez por todas contraten persoal que supla estas ausencias e carencias na atención sanitaria.

Desde a Plataforma sanitaria lembramos que se a día de hoxe unha crianza destes concellos ten que ser atendida por un problema de saúde só podería acudir ao centro de saúde de Burela como punto máis cercano ou ao de Foz se coincide co día que se substitúen as súas vacacións. Polo tanto terían que atender aos posibles casos que xurdiran de Ribadeo, Trabada,Lourenzá, Mondoñedo ,Barreiros sumados a Foz ,Valadouro e Alfoz se ese día coincide que non se cubriu a pediatra de Foz. A este caos asistencial  “virían  sumarse os concellos de Cervo e Xove nos próximos días, xa que a partir do 14 de agosto a pediatra destes concellos tamén collería vacacións. Simplemente vergoñento”, explica a coordinadora do colectivo sanitario.