Amigos das viaxes, ademais de ir a Atenas, programa outra viaxe a Portugal

A asociación Amigos das Viaxes, cuxo portavoz é o focense Xaime Cancio, anima a todo o que queira a apuntarse e ir con eles as súas viaxes como a do cruceiro por Atenas e Jerusalén previsto para setembro. Ademais, acaban de publicar o cartel da excursión de outubro a Portugal.

Os días 11, 12 e 13 de outubro, por un importe de 195 euros por viaxeiro, os participantes poderán saír de Burela, Cangas, Nois, Fazouro, Foz e do Asador, a partir das 14.15 horas da saída dende a vila burelesa para marchar de viaxe a Oporto e asistir á Festa do Marisco.

Para obter máis información, ademais do seu facebook, os interesados poden chamar a Jaime Cancio no teléfono 609.822.649.

As prazas son limitadas, concretamente hai 110 dispoñibles. O custe inclúe o aloxamento no hotel Premium Porto Maia, de catro estrelas, comidas en restaurante e visitas guiadas a Oporto, a opción de desfrutar dunha cea con espectáculo de fado e folclore en Herança Magna e volver por Pontevedra para non perder a Festa do Marisco do Grove, se ben a comida no Grove do día 13 non está incluída no prezo.

O certo é que para este 2019, o colectivo plantexouse un ambicioso proxecto de viaxes, de xeito que xa en xullo foron a Japón, cunhas cincuenta personas, do 24 ao 31 do devandito mes fixeoron un percorrido por Bulgaria, Albania e Macedonia (para uns 150 pasaxeiros), e en setembro, terá lugar o cruceiro por Atenas, Patmos, Limassol, Haifa e Jerusalén, con aproximadamente uns 110 pasajeros.

Etiquetas