Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Coti, Sito Sedes e os fogos de artificio serán algúns dos alicientes do San Roque en Viveiro

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

O mércores 14 de agosto se inauguran as festas patronais de Viveiro adicadas a San Roque, ás 12.00 horas, co izado das bandeiras e coa banda municipal e a de Tui. Xa ás 19.00 horas, os xardíns de Noriega Varela albergarán a inauguración da Feira do Libro e se sucederán pola tarde e pola noite os concertos de Caxade e de Ipod.

O xoves 15, ás 13.00 horas, haberá un concerto da banda de música na praza da Fontenova, antes de que o grupo América de Vigo actúe ás 22.00 horas nos xardíns Noriega Varela. Será ás 23 horas o turno de Coti na Praza Maior e de novo o grupo América para rematar a xornada.

A asociación cultural A Rebolaxe amenizará a mañá do venres 16 de agosto para desfrutar á noite do concerto na Praza Maior de Garufa Blue Devils Big Band e Sito Sedes. Os fotos de artificio da medianoite farán as delicias dos presentes e despois tocará a orquestra Nueva Fuerza.

O sábado 17 chega o turno do pasarrúas da banda naval de cornetas e tambores de Viveiro, as 13 horas, xusto antes de que ás 18 horas As Nogueiras ofrezan sardiñada, amenizada pola escola de gaitas ‘Cacharela’ de Covas. O grupo Sons de Celeiro porá a guinda ao pastel musical desa xornada.

O domingo 18 a Banda da Misericordia percorrerá as rúas a partir da mañá e o grupo Andanzas presentará no Pastor Díaz a obra ‘Teatro de Humor’, antes de que á noite actúe Escola de Meus. Para rematar estas semanas festivas en Viveiro, o luns 19 de agosto, os xardíns de Noriega Varela acollerán o día do neno.