Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG urxe a amañar a grada do campo da Marosa en lugar de limitarse a pechala

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

O BNG de Burela ven de constatar o estado no que se atopan as instalacións deportivas da Marosa, tras reunirse con directivos da SD Porto de Burela. Existen dous frentes abertos, un relativo á situación da grada na que se atopan os vestiarios do propio campo de herba natural, da que caen cascallos e na que se observa a acción corrosiva da salitre.

“Trátase dunha urxencia que o concello ten que solucionar, dando unha solución á SD Porto de Burela, ó tecido deportivo e ó conxunto da veciñanza, posto que se trata dunha instalación municipal”, recordou Mario Pillado, voceiro do BNG. “Según nos informaron existe un informe que avala o peche da grada, documentación que xa solicitamos no concello para o seu análise. Pero isto non pode quedar so no peche da grada, o que conlevaría o peche tamén dos vestiarios e almacéns que utiliza o clube, ten que haber unha solución alternativa mentres non se arranxa a grada para que podan traballar con normalidade”, sinalou Pillado.

Os nacionalistas tamén puideron comprobar a situación xeral de toda a instalación, en total deterioro pola falta de mantemento. “É algo vergoñento que o concello teña unha persoa contratada para o mantemento do campo de herba natural e exista un contrato de mantemento cunha empresa externa para o campo de herba artificial, para logo ter as instalación totalmente abandonadas: portas que caen, o peche erosionado e roto, non se repoñen nin as redes, pintura por riba do óxido…Non se pode entender”, espetou o voceiro do BNG, quen continuou dicindo que “por este motivo tamén solicitamos acceso ó contrato de mantemento que se formalizou cunha empresa externa, para velo grado de cumplimento do mesmo”.

Para finalizar dende o BNG recórdanlle o gobernó local, encabezado por Alfredo Llano, que “non se atopan de vacacións, teñen que seguir traballando e xestionando á veciñanza de Burela e neste caso deben cumprir coas súas obrigas porque se trata dunha instalación municipal”, finalizou Mario Pillado.