Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Cervo organiza unha visita guiada pola ruta das canteiras

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través das delegacións municipais de turismo e medio ambiente, en colaboración con outros organismos e entidades, como o Instituto Xeolóxico e Mineiro do  Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades,  organiza unha visita guiada pola ruta das Canteiras prevista para o vindeiro 13 de agosto.

A excursión gratuita sairá dende o aparcadoiro do faro, ás 11.15, e durará dúas horas co obxectivo dar un paseo pola cantería histórica de San Cibrao e analizar a súa relación co patrimonio histórico local.

Ao longo dos séculos, as rochas graníticas do batolito sobre o que se asenta a localidade sancibrense teñen sido utilizadas como materiais naturais de construción, fixando dalgún xeito unha vista armónica entre paisaxe e determinadas edificacións.