O Mago Teto actuará en O Vicedo e Xove este mes

Entre as máis de 20 funcións que o Mago Teto ten programadas para este mes de agosto en Galicia, O Vicedo e Xove son lugares onde vai poder contemplarse o seu espectáculo. Precisamente, este martes, 13 de agosto, ás 21 horas, na casa da cultura vicedense, as denominadas ‘Novas tolemaxias’ van ser demostradas ante ao público polo prestidixistador.

O mago volverá a Xove coa ‘Incrible historia da maxia’.

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude, 42 anos. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, trátase dun mago con espectáculos de rúa (como ‘O Afiador’) ou de gran formato para teatros (‘A Maxia da Santa Compaña’) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e ‘Perto de Ti’.

Coorganizador de festivais de maxia en diversos puntos da xeografia española. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico. Regresa cun ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos, tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca, ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla. E esta menestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións.

Etiquetas