As bandas de Meira e Ribadeo tocaron no auditorio debido á choiva

O XXV Festival de Bandas de Ribadeo, do pasado sábado, trasladouse polo mal tempo ao auditorio municipal, que se encheu de público. Antes a Banda Municipal de Meira e a ribadense fixeron un pasarrúas desde a entrada do Teatro ata o parque de San Francisco.

No festival a Banda de Meira, dirixida por Francisco Javier García Canto, interpretou ‘El abanico’, de Alfredo Javaloyes; ‘Moment for Morricone’, de Morricone-de Meij; ‘The second waltz’; de D. Shostakovich; ‘The Beatles in concert’, arranxada por W. Hautvast; ‘Abba Gold’, de R. Sebregts; e como bis tocou ‘Mi gran noche’, de Raphael.

E a Banda Municipal de Música de Ribadeo, que dirixe David Ballester Martínez, estreou estas pezas: ‘Rosal de Plata’, de Andrés Pérez; ‘Antarctica’, de Carl Wittrock; ‘A Froghitters´ fantasy’, de Bart Picqueur; e ‘Heijamano’, de Bert Appermont. Como bis intrepretou ‘Medley Boleros II’.

Ademais os concelleiros Jorge Díaz e Pablo Vizoso e da presidenta de Amadores da Música, Elisa Álvarez, entregaron agasallos ás dúas bandas.

Etiquetas