Concluíu o oitavo open de pádel Ditram Axa de Ribadeo

Coa entrega de premios concluíu o VIII Open de Pádel Ditram Axa, que se disputou nas instalacións do Pádel Club Ribadeo desde o pasado 5 de agosto. 

En 1ª feminina proclamáronse campionas Adega Castro e Aida González; en 3ª feminina Aránzazu Arias e Yolanda Fernández; en 1ª masculina os gañadores foron Fidel Guimarey e Felipe Serrano; en 2ª masculina Óscar Fraga e Elías del Campo; e en 3ª masculina Juan Paredes e Jairo Fernández. En mixta os campións foron Felipe Serrano e Maribel Muñoz. 

Desde Pádel Club Ribadeo, organizador do evento deportivo, destacan a alta participación na cita, que se aproximou ás 100 parellas, así como a asistencia de público para disfrutar dos partidos que se xogaron durante toda a semana. 

Pádel Club Ribadeo organizou este Open co patrocinio e a colaboración de Ditram A Mariña en Foz, Axa GT en Ribadeo, Burela e Viveiro, Multitrasteros Ribadeo e Gestión Gratelu.

 

Etiquetas