Entregados os premios do concurso fotográfico Turismo do Vicedo

No salón de actos da Casa Cultura O Vicedo celebrouse a entrega de premios do II Concurso de Fotografía ‘Turismo O Vicedo’.

Proxectáronse máis de 40 fotos pertencentes ós 17 participantes desta edición (o que supón máis do dobre respecto do ano pasado, tanto de fotos como de particpantes).

Asistiron ó acto e fixeron entrega dos premios o alcalde de O Vicedo, Jesús Novo e a concelleira de cultura, Pilar Otero.

Cabe destacar a calidade e valor artístico da maioría das fotos participantes, que se poderán apreciar na exposicón destas durante o mes de Setembro na Casa da Cultura de O Vicedo.

O 1º premio, dotado con 450€, foi outorgado polo xurado a Paco López López pola obra ‘Coleccionando momentos’.
O 2º premio, de 250€ recaeu en Belén Martínez Rodríguez por ‘El viejo puente’.

Etiquetas