Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Touriñán e Blanco actuarán en Burela os días 30 e 31 de agosto

Por 13 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Burela nuncia novas datas para o novo espectáculo titulado ‘Unha noite na praia’, de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, que terá lugar na Casa da Cultura os días 30 e 31 de agosto, ás 21.00 e ás 20.30h, respectivamente. As entradas están á venda a través de www.unhanoitenapraia.gal.

Unha noite na praia’ é o título dunha comedia de dúas personaxes. Dous tipos moi distintos que coinciden ao solpor nunha Praia fronte ao mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un Furancho da aldea. 

Na Praia non queda ninguén: só Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da derradeira hamaca que queda por recoller. Así arranca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para a casa a durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto. 

Escrito e dirixido por Javier Veiga e producido en Galicia por Ainé Producións, conta co traballo de escenografía de Carlos Alonso, a dirección técnica de Dani Juncal e a dirección de produción de Javi Lopa, Paco Abelleira e Álvaro Pérez Becerra. 

Ademais de en Burela, o espectáculo vixará a Vigo ao Teatro Afundación o 6 de setembro e tamén a Narón, ao Pazo da Cultura, os días 13, 14 e 15 de setembro antes de chegar a Vilagarcía, ao Auditorio Municipal, o 4 e 5 de outubro.

A función do sábado 31 de agosto na Casa da Cultura de Burela finalmente comezará ás 20.30h e non ás 20.00h como se promocionou, por erro da produtora, os primeiros días de venda de entradas. Efectuada xa a modificación no portal de venda, os organizadores lamentan as molestias co retraso de 30 minutos que poida ocasionar. 

Máis información sobre horarios, espazos e prezos xa dispoñible na web www.unhanoitenapraia.gal