Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro vai repoñer pavimentos e servizos en Benito Galcerán

Por 13 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro está a levar a cabo a actuación denominada ‘Reposición de pavimentos e servizos entre o número 16 e o colexio San Roque da avenida Benito Galcerán de Viveiro (Lugo)’, a executar pola empresa  Construccións Jesús Naray, S.L., por un importe de 42.988,88.

A actuación comprende dentro da totalidade do vial, as beirarrúas comprendidas entre o número 16 e o colexio San Roque.

O tramo de beirarrúas sobre o que se pretende actuar está dotado dos servizos de rede de saneamento e un pequeno tramo posúe rede de pluviais. Algúns dos servizos foron realizados fai moito tempo, co que debido ao uso e ás diferentes roturas presentan deterioros que afectan ao bo funcionamento, sendo necesaria a reposición dos mesmos para garantir un bo funcionamento de ditos servizos urbanos.

O obxectivo desta actuación é a mellora dos servizos urbanos existentes na beirarrúa dereita da rúa Benito Galcerán, así como a pavimentación con losetas de granito, mantendo as alineacións e característica do vial actual, así como a reposición dos servizos de saneamento e rede separativa de pluviais, prolongando a rede separativa de augas pluviais, da cal carece o tramo superior.

Esta actuación está financiada integramente pola Deputación de Lugo, e vense executando nestas datas, en cumprimento dos prazos establecidos no Convenio de Cooperación e tendo en conta os trámites realizados previos a súa adxudicación.

SEMÁFOROS. Nas rúas Benito Galcerán e Rego das Frores están habilitados semáforos para maior fluidez do tráfico que circule polas mesmas. Dende o Concello de Viveiro preténdese que coa posta en funcionamento dos referidos semáforos se facilite a circulación de vehículos na zona, permanecendo instalados durante o mes de agosto e previsiblemente a principios de setembro en función do tráfico existente.