Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Banda de música ribadense invita a un concerto e a unha churrascada o sábado 17 no auditorio de Cabanela

Por 14 Agosto, 2019Sin comentarios

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto-churrascada este sábado, 17 de agosto, ás nove da noite, no auditorio ao aire libre de Cabanela, no paseo marítimo ribadense. O repertorio estará integramente dedicado á música de pasodobres como homenaxe ás antigas bandas que amenizaban as festas nos pobos. A Banda de Ribadeo ofrecerá ademais o seu concerto de San Roque este venres, 16 de agosto, arredor das 13:30 horas. 

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia: “seguimos cos concertos de verán da Banda e nestas datas, cando chega o 16 de agosto, temos o concerto de San Roque que sempre facemos fronte á capela de San Roque, arredor da unha e media da tarde. Queremos convidar á xente que estea por Ribadeo este venres”.

Ballester sinala que “o sábado 17 vai ter lugar no auditorio de Cabanela o xa tradicional concerto churrascada. É un concerto informal e outros anos dedicámolos a obras pop rock ou de diferentes estilos. Este ano, como novidade, quero convidar a toda a xente que lle guste botar uns bailes con pasodobres típicos de banda a que se achegue, ás nove da noite, ao auditorio de Cabanela xa que o repertorio vai ser todo pasodobres bailables. Queremos facer ese guiño ao papel que tiñan as bandas hai anos, que eran as responsables de animar as festas nos pobos. Tamén como un pequeno homenaxe a todo ese traballo que fixeron esas xentes das bandas de hai anos para animar as festas. Por iso queremos que a xente que veña a Cabanela a gozar do concerto non soamente escoite a música senón que tamén bote uns bailes. Convidamos a toda a xente que lle gusta a música de pasodobres e botar uns bailes a que se achegue este sábado, día 17, ás nove da noite ao auditorio de Cabanela”.