Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Garda Civil perseguiu por Ribadeo a uns sospeitosos de tratar de roubar nun banco

Por 14 Agosto, 2019Sin comentarios

A Garda Civil recibiu unha alerta o martes, 13 de agosto, por dous homes e unha muller aos que consideraron sospeitosos porque semellaba que pretendían roubar nunha entidade bancaria.

Cando chegaron os axentes, os sospeitosos botaron a correr polas rúas da vila. Un deles escondéuse no baño dun bar, pero o atraparon e segundo a información da que dispoñen os gardas, trátase dun cidadán oriundo de Cuba con antecendentes como ‘descuidero’, é dicir, persoa que rouba o furta ao descoido, mentres outros están despistados, normalmente os cartos que están sobre a mesa nos bancos, se quedan nun momento sen vixiar.

Están na procura das outras dúas persoas, pero non se chegou perpetrar ningún roubo.