Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O certame fotográfico Cervo Respecta xa ten gañador

Por 14 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo entregou o primeiro premio do concurso de fotografía Cervo Respecta, que organiza cada ano e que contou con 53 fotografías participantes.

O gañador foi Antonio Herrera Huerta (1º premio Cervo Respecta e Premio Top Cervo á mellor fotografía, que representa unha paraxe de Cervo) coa súa instantánea ‘Tormenta sobre los Farallóns’, que recibiu 50 puntos, e  que describe así: nunha noite tormentosa os raios iluminan o ceo deixando a contraluz o arquipélago das Farallóns. A unha milla de San Cibrao, os islotes son testemuñas da historia mariñeira da vila, referencia para navegantes e orixe de lendas.

O gañador recibiu da man da edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, unha figura de cerámica de Sargadelos e un vale de 150 euros para empregar en establecementos do Concello de Cervo, polo 1º premio Cervo Respecta; e 50 euros polo premio Top Cervo.