Os cocos percorrerán as rúas no San Roque de Ribadeo do vindeiro venres

O venres, 16 de agosto, celébrase en Ribadeo a Festa de San Roque. Pola mañá sairán os Cocos e os Cabezudos, haberá concerto da Banda Municipal ribadense e pola noite festa verbena.

A cita está organizada pola asociación cultural San María do Campo e San Roque, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.

Pola mañá potentes bombas de palenque anunciarán a festividade do copatrón da vila, San Roque. Ás 11:30 horas sairán os Cocos e os Cabezudos desde a Oficina de Turismo. Irán acompañados do grupo de gaitas Illa Pancha. Ás 12:30 hora será a misa solemne na capela de San Roque, a continuación haberá procesión e despois concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. 

E xa pola noite a partires das dez terá lugar a festa verbena na honra de San Roque, que estará amenizada pola orquestra Fénix e a discoteca móbil Blanco y Negro. 

Desde a comisión organizadora animan “á veciñanza e aos visitantes a acudir a esta xornada de festa na honra de San Roque, o copatrón de Ribadeo. Trátase dunha cita dunha grande tradición na nosa vila e agardamos que todos a poidan a disfrutar”. 

Etiquetas