Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Acisa de Ribadeo non colaborará coas festas ao considerar o mercado pirata coma unha competencia desleal

Por 15 Agosto, 2019Sin comentarios

A xunta directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Acisa, enviou un escrito aos seus asociados, máis de 150, lembrándolles a decisión adoptada fai meses de non colaborar este ano coa comisión organizadora das festas patronais ribadenses. Non apoiará como entidade, aínda que os socios poden facelo libremente con anuncios no libro dos festexos ou con aportacións. A discrepancia vén motivada pola presencia no parque do Mercado Pirata, do 16 ao 22 de agosto, durante a fin de semana de máis visitantes á localidade.

Desde Acisa sinalan que “fai case un mes, esta asociación anunciou a decisión de non colaborar coas patronais de Ribadeo. Xa en xaneiro, en asemblea xeral, aprobárase por unanimidade a decisión de non apoiar, ao non poder dar apoio a unha comisión que organiza unha actividade como o mercado pirata que supón unha competencia directa e desleal ao comercio local, que é o maior patrocinador das festas e que en relación a Acisa supón o 75 por cento dos asociados”.

Acisa engade que “esta decisión foi sometida de novo a consulta o pasado mes de xullo e ratificada pola xunta directiva”.

Subliñan que “Acisa ten a obriga de defender os intereses dos socios e foron moitas as queixas recibidas por vir colaborando con esta comisión, mentres se permita poñer nos mellores días do ano un mercadillo dese tipo. En coherencia cos nosos obxectivos de defensa do comercio local, tomóuse esa decisión. Nada ten que ver cos postos ambulantes dos días das festas, que forman parte delas”.

A xunta directiva explica que “atendemos tamén así á petición de non duplicar a axuda que se lles ofrece, xa que no caso dos comercios e hostaleiros asociados a Acisa están colaborando de forma dobre, por unha parte cos anuncios que pagan no libro das festas e por outra, a través da aportación que facía Acisa para as festas”.

Clarexan que se “non hai xogos infantís, a única responsable será a comisión organizadora das festas, xa que era coñedora da nosa negativa a colaborar con tempo suficiente, e supoñemos que con 90.000 euros de orzamento para organizar as festas  de Ribadeo,  nosa humilde aportación será fácil de ser asumida”.

Acisa seguirá colaborando coas entidades que llo soliciten, baixo os mesmos criterios, isto é, porque teñen poco presupuesto, porque respeten a actividade dos asociados y asociadas e que atraian visitantes e potenciais clientes. 

FESTIVOS. Ante os próximos dous festivos, 15 e 16 de agosto, un nacional e outro local, Acisa lembra que “según a lexislación comercial, ningún dos dous se enmarca dentro dos festivos de obrigado cumprimiento para o pequeno comercio, polo que cada establecemiento pode tomar a decisión que crea oportuna sobre a apertura ou o peche”.

HOSTELERÍA. Acisa insiste en que as madrugadas do 14 ao 15, do 15 ao 16, do 16 ao 17 y do 17 ao 18 de agosto todos os establecemientos hostaleiros asociados contan con permiso dunha hora máis de actividade sobre o límite de peche marcado polas súas licencias”.