Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela acadará a quinta edición da súa feira do libro en agosto

Por 15 Agosto, 2019Sin comentarios

A quinta feira do libro de Burela celebrarase na Praza da Mariña do 30 de agosto ao 1 de setembro. Os asistentes poderán pasearse entre as obras máis actuais, as máis premiadas e algunhas outras orixinais e tamén clásicas. Algúns autores aproveitarán para dar a coñecer as súas publicacións ao público e asinar exemplares.

O horario de apertura das casetas vai de 11 a 14 horas da mañá e de 17 a 22.00 horas da noite. A feira pon o broche final a un mes no que Burela bulíu de xente grazas á feira do bonito, ó certame de pintura mural Amararte e a feira Produart, de productos ecolóxicos e artesanais.