Hoxe haberá unha observación astronómica en Ribadeo

A observación astronómica prevista para o vindeiro domingo en Ribadeo cambia de data. A actividade terá lugar este xoves, 15 de agosto, ás 22:30 horas na praza de España.

A Concellaría de Medio Ambiente explica que o motivo do cambio da data para o desenrolo da observación astronómica son as malas condicións meteorolóxicas previstas para o domingo, o que obrigaría a anulala.

 

Etiquetas