O Ourol busca socios para apoiar o seu labor deportivo

A tempada chegou ao eu fin e segundo a SD Ourol foi unha tempada caracterizada por ir de menos a máis, acadando o quinto posto na Liga, sobre 14 equipos e xerando un equipo de extraordinarias persoas.

A eles agradece a Sociedade que fixeran desfrutar do fútbol sala nun pequeno concello do norte de Lugo. Non poden máis que expresar as grazas por ter feito goles, por ter loitado e gritado cada falta e por ter sudado a camiseta así que lles agradecen que sexan do Ourol.

E neste momento de certo parón estival, o clube aproveita para animar a facerse socio do equipo, xa que o obxectivo ideal sería contar cun centro de aboados. Destacan o feito de que asociarse só custa 20 euros para os adultos e 8 euros para os menores de idade.

Etiquetas