Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os barreirenses invitan a degustar as mellores tortillas

Por 15 Agosto, 2019Sin comentarios

A parroquia barreirense de San Caetano, nas inmediacións da ermida homónima, celebrará a vixésimo segunda Festa da Tortilla o 17 de agosto.

É xa a décimo terceira edición da Festa da Tortilla e os organizadores aseguran que pola tardiña haberá unha actuación de Paco Nogueiras co seu espectáculo Radio BuleBule.

As merendas no campo, os xogos populares e a música folk amenizarán a velada, na que moitos ‘chefs’ achegarán as súas mellores receitas tortilleiras para que un xurado escolla a mellor. Moitas deles poderán darse a degustar entre os presentes, así como a gran tortilla que a organización adoita preparar para todos os presentes.