Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Sortean un descenso polo río Eo en Trabada para dúas persoas

Por 15 Agosto, 2019Sin comentarios

Con motivo da recente inauguración de Canoas do Eo, a empresa vén de lanzar un sorteo que permitirá vivir unha aventura fascinante. Sortean un descenso en canoa, para dúas persoas, polo río Eo. Así o expón a delegación e o portal de turismo do Concello de Trabada que anima a utilizar estos recursos cos que coñecer paraxes da municipalidade, neste caso o río, en lugares como o de ría de Abres.

E é moi sinxelo participar, xa que tan só hai que indicar nun comentario (no evento do sorteo) con quen lle gustaría ao concursante desfrutar do premio e logo só hai que seguir á empresa en facebook.

No seu perfil, Canoas do Eo anima a mencionar nos comentarios á persoa que o concursante quixera que o acompañase, logo dar un ‘like’ a súa proposta e entre todos os participantes sortearán un pack para dúas persoas.

Casa Carballeira e Canoas do Eo organizan o sorteo dun descenso en canoa por el río Eo a través dos seus facebook. https://www.facebook.com/CasaCarballeira e https://www.facebook.com/canoasdoeo/

Poderá participar calqueira residente en España, adscrito á promoción e maior de 18 anos. Para participar, é necesario mencionar nos comentarios do sorteo con quen compartir o descenso e tamén é necesario ser seguidor dos dous perfís de Facebook. O premio é un descenso polo río Eo para dúas persoas, fóra da tempada alta e nunha data a acordar entre os establecementos e os premiados.

Poderase participar desde o día 5 de agosto ao 19 de agosto de 2019. Só haberá un gañador, que se anunciará os sete días seguintes á finalización do prazo a través dos facebooks da organización e será seleccionado de xeito aleatorio coa ferramenta Sortead2.

Se en 72 horas o premiado non se pon en contacto, entenderase que rexeita o premio e seleccionrán a outra persoas do mesmo xeito. Os gañadores deben poñerse en contacto con Casa Carballeira ou con Canoas do Eo a través de facebook, facilitando un teléfono e acordar unha data de entrega ou xestión dopremio.