Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A feira de artesanía de Viveiro concluirá o domingo con obradoiros para nenos cada día

Por 16 Agosto, 2019Sin comentarios

A trixésimo sexta edición da Feira de Artesanía de Viveiro rematará este fin de semana e faráo este venres, coas demostracións sobre como se fabrican bonecos, na carpa habilitada para estes obradoiros, a cargo dos artesáns de Lucecús. Será ás 17.30 horas da tarde e ata as 21.30 horas da noite.

Ao día seguinte, esta feira que conta co apoio da Deputación de Lugo e que se desenvolve en metade das festas de Viveiro, contará cun obradoiro de trenzado en coiro para os cativos, a partir das 12.30 horas a cargo de Jafarta, no expositor número 24 e xa o domingo, o encontro artesanal clausuraráse con outro taller participativo de títeres, para o que hai prazas limitadas.

O Taller Albaida encargarase de facer desfrutar aos cativos dende as 19 horas e ata as 20.30 na carpa de demostracións situada no centro da feira e concretamente no stand número 12.

E todo, puidendo ver entre os restantes expositores, o traballo en diversas materias primas que amosan especialistas procedentes de varios puntos da xeografía galega e estatal. A cita desenvólvese nos xardíns de Noriega Varela, en horario de mañá e tarde, ata o domingo.