Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Culminou coa entrega de premios a Semana Náutica de Ribadeo

Por 19 Agosto, 2019Sin comentarios

Coa entrega de trofeos clausurouse o sábado a XXIX Semana Náutica Ría de Ribadeo, organizada polo Real Club Náutico ribadense, cuxo presidente, Ramón Acuña, anunciou que estudiarán realizar cambios de cara á próxima edición para tentar que se incremente a participación de embarcacións nas regatas.

Na entrega de premios, celebrada no salón de actos do Real Club Náutico de Ribadeo, ademáis de Ramón Acuña, participaron a xefa territorial de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, María José Gómez; o diputado provincial Roberto Fernández, o concelleiro de Deportes no Concello de Ribadeo, Jorge Díaz; a edil ribadense Marta Rey, o diputado autonómico e concelleiro ribadense Daniel Vega; o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, o responsable de Banco Sabadell en Ribadeo, Jesús González, a subdirectora de ABANCA en Ribadeo, Mª Jesús Vizcaíno; e o secretario do Real Club Náutico de Ribadeo, Fermín Rodríguez.

A xornada concluíu cun ágape no Náutico Bar&Tapas.