Trinta comercios de Foz sacan os seus produtos á rúa a prezos baixos esta semana

Do 19 ao 24 de agosto en Foz ‘Afundimos os prezos’. Trátase da nova campaña do Centro Comercial Aberto na que participan arredor de 30 comercios, que sacarán os seus produtos á rúa o ofrecerán descontos que chegarán nalgún caso ata o 80%. 

O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, explica que “durante a semana, do luns ao sábado, preto de 30 tendas asociadas van sacar os seus produtos á rúa con descontos moi interesantes, que oscilarán entre o 50 e o 80%. Será unha boa oportunidade para facerse con artigos da campaña de verán a prezos moi interesantes”.

Os locais que se dan cita en son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Alma Libre, Arrullos, Calzados Pirde Outlet (interior), Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura (interior), Din y Don, Don Zapato (interior), Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola (interior), La Flor Abulense, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Nº1 Deportes, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz (interior), Vas’s, Vas’s Outlet e Xanela (interior).

Paleo lembra a importancia que ten mercar no comercio local: “porque debemos ter moi presente que o comercio fai pobo”. 

Etiquetas