Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A grada principal do estadio burelés da Marosa permanecerá pechada durante a tempada ata que se repoña

Por 20 Agosto, 2019Sin comentarios

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, advertíu de que o mal estado que presenta a grada principal do campo de fútbol da Marosa obligará a instalar a unha nova. Como xa viña lembrando este xornal, días atrás pechouse para evitar riscos, medida que levantou as críticas da oposición na corporación municipal, que solicitaban unha solución inmediata. Segundo o rexedor socilista, “estamos á espera de recibir o informe sobre a súa situación e as obras que farán falta para reparala, pero o máis probable é que haxa que montar unha nova” e engadiu que o peche resposta a que é “un perigo estar alí porque xa caeu algún cascote da parte de arriba e non nos podemos arriscar a que haxa un accidente”.

O problema é a oxidación que sofre a estrutura, duns 40 anos. “Está montada con pezas de formigón e ferro que se foron colocando ata formar a grada final, pero están moi afectadas pola oxidación, tanto a parte das gradas como o teito, que é do mesmo material e tamén está bastante mal”, afirmou Llano, aínda que tal vez se poda reutilizar algunha desas pezas.

Para Llano esta reparación “hai que facela”, por lo que una vez que el gobierno teña o informe cos traballos a executar, buscará a financiación para levalos a cabo. “Igual non se pode facer todo nun ano, pero senón farase en dous, pero hai que reparala porque é un perigo” e avanzou que a vindeira tempada aínda non se poderá usar.

Os populares condean “o feito de ter pechada unha das gradas do campo de fútbol da Marosa para, cando menos, o inicio da liga, por non ter iniciado actuacións, en tempo e forma, que garantan a seguridade dos espectadores”.

Pola súa banda, o BNG de Burela ven de constatar o estado no que se atopan as instalacións deportivas da Marosa, tras reunirse con directivos da SD Porto de Burela. Existen dous frentes abertos, un relativo á situación da grada na que se atopan os vestiarios do propio campo de herba natural, da que caen cascallos e na que se observa a acción corrosiva da salitre.

“Trátase dunha urxencia que o concello ten que solucionar, dando unha solución á SD Porto de Burela, ó tecido deportivo e ó conxunto da veciñanza, posto que se trata dunha instalación municipal”, recordou Mario Pillado, voceiro do BNG. “Según nos informaron existe un informe que avala o peche da grada, documentación que xa solicitamos no concello para o seu análise. Pero isto non pode quedar só no peche da grada, o que conlevaría o peche tamén dos vestiarios e almacéns que utiliza o clube, ten que haber unha solución alternativa mentres non se arranxa a grada para que podan traballar con normalidade”, sinalou Pillado.

Os nacionalistas tamén puideron comprobar a situación xeral de toda a instalación, en total deterioro pola falta de mantemento. “É algo vergoñento que o concello teña unha persoa contratada para o mantemento do campo de herba natural e exista un contrato de mantemento cunha empresa externa para o campo de herba artificial, para logo ter as instalación totalmente abandonadas: portas que caen, o peche erosionado e roto, non se repoñen nin as redes, pintura por riba do óxido…Non se pode entender”, espetou o voceiro do BNG, quen continuou dicindo que “por este motivo tamén solicitamos acceso ó contrato de mantemento que se formalizou cunha empresa externa, para velo grado de cumplimento do mesmo”.

Para finalizar dende o BNG recórdanlle o gobernó local, encabezado por Alfredo Llano, que “non se atopan de vacacións, teñen que seguir traballando e xestionando á veciñanza de Burela e neste caso deben cumprir coas súas obrigas porque se trata dunha instalación municipal”, finalizou Mario Pillado.