O Centro Comercial Histórico de Viveiro inicia a súa feira de stocks

O Centro Comercial Histórico, CCHV, en Colaboración co Concello de Viveiro, organiza do 20 ó 22 de agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela a VII Feira de Stocks.

Serán un total de 14 stands adicados á venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, regalos e complementos, deportes, mobles, decoración e artigos do fogar. Os comercios participantes na feira son: Muebles Iglesias, Fontana, Kody e Kody Kids, Versus, Complementos Sulian, Piti Deportes, Raquel Seijido, Albo Zapaterías, Oscar Joyeros, kerale Moda, Standhome, Baamonde Style, Van Surf e Van Surf Sneakers.

A cita desenvolverase nunhas carpas situadas nos xardíns de Noriega Varela da cidade, fronte á Praza de Lugo e xa vai pola súa séptima edición, con 13 expositores este ano. Abrirá as súas portas de 11 a 14 e de 18 a 21.30 horas. Con estes horarios tratan de facilitar as compras e o desfrute doutras alternativas de ocio.

Os comercios porán á venda unha ampla variedade de sectores e artículos a uns prezos moi reducidos, co obxectivo de que veciños e visitantes podan adquirir verdadeiras gangas. Trátase “dunha oportunidade estupenda para mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables”, destaca a xerente do CCHV, Isabel Méndez.

A elevada afluencia de visitantes destas datas en Viveiro e o éxito da feira en pasadas edicións fan mesmo pensar en esgotar os produtos.

Etiquetas