Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Garda Civil detivo en Ribadeo aos presuntos autores de delitos de falsificación de moeda e estafa

Por 21 Agosto, 2019Sin comentarios

A Garda Civil detivo na localidade de Ribadeo a un veciño do municipio de 21 anos e a un menor como supostos autores de delictos de falsificación de moeda e de estafa.

Os feitos tiveron lugar na contorna da romaxe da Maruxaina en Cervo. Os axentes souberon que uns mozos tiñan pagado en varios ocasións en establecementos situados na zona da festa con billetes de 50 euros, supostamente falsos. No momento da detención, interviñéronselles os cartos, así como a cantidade de 170 euros fraccionada en billetes de 20,10 e 5 euros. 

Iniciouse unha investigación policial, na que os axentes constataron que uns billetes iguais aos que se tentaron introducir en San Cibrao, en Cervo, tiñan sido utilizados na festa de San Martiño de Foz.

Todos os billetes intervidos contan coa mesma numeración e presentan un gran parecido cos de curso legal, se ben o tacto, a carencia de tódolos sistemas de seguridade e unha lenda disimulada nun lateral certifican a súa falsedade. Os axentes aseguran que os detivos aproveitaban as aglomeracións e os momentos de maior apuro no sector hostaleiro para facer efectiva unha consumición previamente solicitada, realizando o pago co billete falso de 50 euros e recibindo entre 40 e 45 euros en billetes e moedas de curso legal.

A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.