Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Apresado un menor por un suposto tráfico de drogas durante unha festa en Cervo

Por 21 Agosto, 2019Sin comentarios

A Garda Civil detivo en San Cibrao, que pertence a Cervo e no marco da celebración da romaxe da Maruxaina, a un menor como suposto autor dun delicto de tráfico de drogas. 

Os feitos tiveron lugar cando os axentes identificaron a un menor que se atopaba supostamente consumindo hachís. Fóronlle intervidas sete bolsas cunha substancia branca no seu interior, presuntamente cocaína, que darían para unhas 25 doses no mercado.

Trala súa detención, os axentes puxeron ao rapaz baixo a custodia dos seus proxenitores e remitiron as preceptivas dilixencias á Fiscalía de Menores de Lugo.