Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Candia cre que o pleno provincial serviu para frear a inseguridade que había respecto do futuro das residencias

Por 21 Agosto, 2019Sin comentarios

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, considera que o Pleno Extraordinario celebrado esta mañá serviu para que o presidente rectificase no seu plantexamento sobre as residencias. “A súa decisión coñecíamola todos, pero viuse na obriga de rectificar para frear a inseguridade que xerou coas súas declaracións sobre a viabilidade e futuro dos centros construídos e dos que están proxectados”, afirma. Por este motivo, lamenta que o socialista, “para xustificar as súas declaracións sobre este asunto e a súa entrada na Deputación”, intentase culpabilizar aos medios de comunicación das mesmas. 

Esta rectificación, tan só 20 días despois das afirmacións do socialista, prodúcese no marco da petición de Pleno Extraordinario para aclarar algo que “considerabamos que era xusto e que afectaba ao futuro e a xestión das residencias construídas, así como ao dos centros prometidos. “As palabras do presidente e do seu goberno fixeron saltar todas as alarmas. E non o dicimos só nós, que lle pregunte, por exemplo, aos veciños de Castroverde que aínda non teñen a súa residencia aberta malia ser inaugurada no ano 15”, apunta Candia.

Malia todo, dende o PP consideran que se logrou o obxectivo, que era acadar o compromiso de execución e xestión dos 18 centros proxectados por parte do organismo provincial, pero adiantan que seguirán de preto as xestións que emprendan ao respecto, co fin de que realmente se faga realidade a palabra dada no Pleno, pois “dicir dixo que si o farían, pero, sen embargo, votar votou en contra”; o que demostra que “o PSOE cambia, unha vez máis, de idea sobre a marcha cos conseguintes prexuízos para as persoas. Por exemplo, ao máis estilo Open Arms”, conclúe.