Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Burela esixe unha solución urxente ao peche da grada da Marosa

Por 21 Agosto, 2019Sin comentarios

O BNG de Burela, á vista da situación da grada do campo de fútbol da Marosa, solicitou recentemente un informe existente no concello sobre o estado da mesma ademáis do contrato de mantemento do campo de herba artificial. “Non nos deron acceso a ningún dos documentos, solicitados polo rexistro electrónico, non sei que queren esconder ou que medo teñen. Logo énchense a boca falando de democratizar e de participación” indicou o voceiro do BNG Mario Pillado, que solicita medidas urxentes sobre a infraestructura.

Os nacionalistas, que se enteraron do contido dese informe pola prensa, cren que “non chega con que o señor Llano diga que vai derribar a grada e facer unha nova, que nos parece razoable se é o que di o informe, ou que diga que vai haber que recolocar o bar, ten que dar unha solución para os vestiarios que hai debaixo da mesma, porque os emprega a SD Burela e precisa desa instalación para o traballo cotiá, son de vital importancia” sinalou Pillado.

Como xa dixeron semanas atrás, no BNG cren que existe un abandono total no mantemento, algo que continuamente lle fan chegar ó goberno os usuarios das mesmas. “Nós seguiremos agardando pola documentación que solicitamos, se o selor Llano ten a ben facérnola chegar, pero xa sabemos que por exemplo ó campo de herba artificial fai un ano que non vai ninguén da empresa de mantemento e, polo tanto, o goberno municipal ten que facer cumprir o contrato para que o mantemento sexa real”, describiu o voceiro nacionalista.

“Temos constancia ademáis de queixas dos usuarios nos servizos da praia da Marosa por problemas de estancamento de auga, o que fala da total deixadez de funcións do equipo de goberno, posto que nesta época de Verán esta instalación tiña que estar a pleno rendemento e sen problemas de ningún tipo” comentou Pillado, quen rematou referíndose ó goberno socialista, que “seguen de vacacións, sen cumprir coas súas obrigas e sen servir á veciñanza”, remarca o BNG.

 

.