Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Detidos tras ser acusados de roubar nun bar de Cervo

Por 22 Agosto, 2019Sin comentarios

A Garda Civil detivo na localidade cervense de San Cibrao a dous veciños de Cervo de 19 e 21 anos de idade como supostos autores dun delicto de roubo con forza nas cousas nun establecemento hostaleiro. 

Os feitos aconteceron o pasado 18 de agosto, cando supostamente as persoas detidas entraron no interior dun establecemento hostaleiro, tras romper a porta de acceso e levar consigo efectivo do cambio do almacén e da caixa rexistradora.

Os axentes localizaron e detiveron aos presuntos autores horas máis tarde de cometer o ilícito penal e os dous foron postos á disposición xudicial.