Vieiro festexará a San Cipriano do 20 ao 22 de setembro

A parroquia vivariense de Vieiro vivirá as festas na honra de San Cipriano a finais de setembro e xa contan cunha programación. A cita concretamente vaise celebrar do 20 ao 22 do devandito mes.

Na primeira xornada, a do venres 20, a organización do festexo anuncia que haberá unha gran churrascada a partir das 20.30 horas. O prezo da ración será de tres euros e a verbena estará amenizada por Epo-K e polo trío Mayel.

O día 21, ás 13 horas, haberá misa seguida da procesión do Santo e a continuación, o grupo Limón amenizará a sesión vermú e tamén a verbena, xunto á orquestra Satélites.

Na última xornada, a do 22, trala misa das 13 horas e a procesión, o dúo Suso será o encargado de poñer o broche de ouro ás festas actuando na sesión vermú.

Etiquetas