Barreiros celebra estes días o San Bartolo

O San Bartolo de Barreiros festexouse o xoves cunha sardiñada popular e coa verbena do grupo La Bamba. Para este venres, agárdase un pasarrúas e a actuación do Arco da Vella no campo da festa e xa ás 14 horas, haberá unha sesión vermú a cargo da orquestra Essencia, que volverá ao escenario da verbena xunto con Platinum.

O último día, ás 13 horas trala misa solemne e a procesión posterior, comezarán ás 14 a sesión vermú co grupo Ceniza que tamén volverá actuar na verbena xunto con Tokio.

O Celta Club de Fútbol organiza a cita en colaboración co Concello e con múltiples establecementos.

Por tradición, o San Bartolo de Barreiros festexábase principalmente coma unha festa de unión entre os barreirenses e os visitantes. A capela está moi próxima á praia homónimo. Ata ela baixan a imaxe, ata mesma oleaxe, aos ombreiros dos efectivos de Protección Civil e seguidos de numeroso público. Ademais, atribúenselle ao santo propiedades milagreiras polo que moitos fieis acuden a tocar e rogar á estatua.

Etiquetas