Foz acolle esta noite un concerto coral de Mar Aberto

A formación musical Mar Aberto invita a acodir esta noite á súa actuación en Foz, que compartirá con Chingla e Sons de Celeiro.

Deste xeito, estas formacións celebrarán o décimo aniversario do grupo. O concerto será no Paseo de Colón, ás 21.00 horas, praticamente ao lado da praia da Rapadoira e a entrada é gratuíta.

O Concello e o Centro Comercial Aberto de Foz promoven a actuación coral.

 

Etiquetas