Rapaces de Barreiros poderán iniciarse mañá na pilotaxe de drons

O Concello de Barreiros, xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organizan a actividade ‘Voa con nós’ para que os rapaces e rapazas se inicien no mundo dos drons creando un circuíto onde adestrarán as súas habilidades na pilotaxe destas aeronaves.
Este curso será na Aula CeMIT de Barreiros o día 26 de 10:00 a 12:00 e comezarán coñecendo que é un dron, porque voa, que partes ten, … e despois pilotaranos. Unha vez iniciados na pilotaxe, probarán unhas gafas FPV para sentir a velocidade vendo o que ve un coche teledirixido con cámara incluída. Para os máis habilidosos que cheguen a dominar dron e coche, probarán a pilotaxe FPV nun dron.

A inscrición debe facerse na propia aula CeMIT (telf. 666 87 59 46) ou dende a web: https://cemit.xunta.gal

Etiquetas