Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A piscina olímpica de Cervo está sendo sometida a tarefas de limpeza

Por 26 Agosto, 2019Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata a piscina municipal para supervisar os traballos de mantemento que se están a realizar estes días e que supoñen un custe de 17.386 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.

Villares detallou a actuación que consiste no lavado a presión do vaso e das paredes da piscina cunha máquina hidrolimpadora,  rexuntando o pavimento e as plaquetas e repoñendo aquelas que se atopan deterioradas.

O rexedor apuntou que se trata dunha instalación única non só na Mariña, senón en toda a provincia de Lugo pola súa condición de olímpica, e recordou que para conseguir que estea nas condicións óptimas para as persoas usuarias que desfrutan deste deporte, o Concello destina unha cantidade moi importe de diñeiro público para o seu mantemento.