Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os maiores de Burela xa poden inscribirse nos obradoiros de axilidade

Por 26 Agosto, 2019Sin comentarios

Este luns, 26 de agosto, ábrese o prazo de inscrición no programa Áxilmente, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, en Burela, sobre todo destinado ás persoas maiores.

A edil Noelia María Ben explicou que “dende o vindeiro luns, 26 de agosto, e ata esgotar prazas (2 grupos de 15), as persoas maiores de 65 anos residentes no Concello de Burela, con preferencia os/as empadroados/as, poderán inscribirse no programa Áxilmente, que terá lugar en dúas quendas: luns/mércores e martes/xoves de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Terceira Idade. A actividade dará comezo o 2 de setembro”. 

A concelleira de Servizos Sociais sinalou que “se trata dun obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento exitoso, de forma que incidindo nelas as persoas maiores adquiran as ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades da vida diaria e incorporar unha serie de hábitos de auto coidado, tanto no ámbito sanitario como no cognitivo”. 

A inscrición no programa Áxilmente farase na Casa do Concello en horario de 8:00 a 14:00 horas. As persoas interesadas en participar deberán presentar o seu DNI.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto, no mencionado horario, co departamento de Servizos Sociais chamando ao teléfono 982 58 06 09, ou ben persoalmente.