Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Un verquido de 580.000 litros de purín ameaza o río Eo

Por 26 Agosto, 2019Sin comentarios

Este domingo 25 de agosto as autoridades detectaron un verquido de 580.000 litros de purín no río Ouria, nunha área pertencente ao municipio de Vegadeo, que desemboca no río Eo. Afectaba a uns nove kilómetros de cauce. O efluente partíu dunha gandería vegadense debido a un accidente, a unha rotura nun dos tubos que recollen os puríns da explotación e o contido foi parar ao regato do Ouria e pola tarde, xa chegaba a Ría de Abres. Por iso, os concelleiros vegadenses recomendaron non bañarse no Eo, na área fronteiriza con Trabada e na ribeira asturiana, así como tampouco na desembocadura e nas praias conlindantes.

O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, asegurou que se está a traballar para solucionar este problema medioambiental. A balsa que rompeu tiña uns 27 metros por 12. Rompeu concretamente o colector de saída e debeu rebentar pola noite, porque os propietarios se deron conta pola mañá.

O rexedor asegura que non se viu afectado ningún manantial de augas de abastecemento, tanto municipal como privada, a falla dunha análise máis profunda.