Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Fortaleza de Pardo de Cela alberga exposicións de Hipólito Xeada e de varios acuarelistas

Por 27 Agosto, 2019Sin comentarios

A fortaleza de Pardo de Cela ou castelo de Castrodouro en Alfoz non é só un monumento histórico artístico, así catalogado dende 1994, e polo tanto xa de por si visitable, senón que ademais atrae coas exposicións que poden verse no seu interior.

A mostra cun carácter permanente que alberga a Torre é a das denominadas escolas unitarias de Alfoz, con reprodución exactas de como eran, grazas aos materiais aportados, fundamentalmente pupitres da época, entre outros artigos.

Pero ao longo do mes de setembro, o castelo invita a entrar a ver no seu interior as obras pictóricas de Hipólito Xeada. O artista, nado en Adelán, en Alfoz, en 1955, iniciou os seus estudos de talla de madeira, modelado, debuxo e pintura, en 1965, no colexio de xordomudos de Santiago de Compostela, da man dos mestres Acuña e Bonome. En 1975, ingresa na Escola de Artes Aplicadas e Oficios de Lugo e dende entón non deixa de ter éxito coa súa obra. Foi nomeado en 2013 cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela, en cuxo castelo expón este mes de setembro.

Aparte, a fortaleza albergará ata o 15 de setembro a mostra de acuarelas de Alfoz e da Mariña, moitas delas froito do certame que organizou o Concello de pintura ao aire libre hai unhas semanas.