Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Continúan a liga as xogadoras de infantil e os alevíns do Burela e aínda quedan prazas para a escola de fútbol

Por 27 Agosto, 2019Sin comentarios

Pouco a pouco, as promesas laranxas vanse incorporando á pretempada. Esta semana tocoulles ao novo Infantil Feminino e ao Alevín de Liga Autonómica, que estarán dirixidos por David Riveira e Xela Bernardo, por unha banda, e Jairo Campo, pola outra. Ademáis, ata o 30 de agosto está aberto o prazo para inscribirse nas escolas.

Con estes dous, xa son cinco os equipos de base que regresaron ao parqué de Vista Alegre, con Xuvenís, Cadetes e Infantil Masculino.

ÚLTIMAS PRAZAS. A matrícula da Escola Laranxa para o próximo curso estará aberta ata o 30 de agosto para as categorías Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05), con prazas limitadas.

En canto á liga, polo que respecta ao Infantil Feminino, os seguintes partidos da primeira volta serán os da xornada 3, e xogaránse o 29 de setembro. Nesa data enfrontaranse o Stellae contra o Guitiriz, o Pombo Hércules contra ao Troula Betanzos, o Rubén Burela contra Piringalla-Lumieira, o Ribeira contra o ADC Lugo Sala Keeper Galicia, o Audi Autogándara O Parrulo contra o o Liceo, Os Meigallos contra Academia Red Blue5 da Coruña, e o Transricard Distrito Ventorrillo contra o Santiago Futsal.

En alevíns, a seguinte xornada 3 tamén se disputa o 29 e nela enfróntanse o Stellae contra o Ex Alcohólicos, Pombo Hércules contra o Troula Betanzos, o Rubén Burlela contra o Casás, o Ribeiro contra o Castrelo, o Imafer O Parrulo contra o Liceo, o Narón O Freixo contra Academia Red Blue 5 Coruña e o Club do Mar San Amaro contra o Santiago Futsal.