Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela chama á solidariedade coa carreira Alas de Vida para afectados coa pel de mariposa

Por 28 Agosto, 2019Sin comentarios

Burela chama de novo á solidariedade coa carreira Alas de Vida que terá lugar os días 21 e 22 de setembro. A asociación cultural Debra e o Concello burelés, xunto a Burela Bonita, organizan a Media Maratón Alas de Vida, cuxo obxectivo é sensibilizar acerca da enfermidade rara coñecida como pel de mariposa e recadar fondos para Debra, colectivo de afectados por dita patoloxía.

O percorrido é unha media maratón de montaña cun trazado que discurre por pistas e sendeiros de Burela. Hai un desnivel acumulado de 400 metros. A proba está cronometrada e hai trofeos para os gañadores nas distintas categorías.

O día 21, ás 16.30 horas na praza da Mariña, será o paseo solidario e a festa infantil e ás 10.30 da mañá do día seguinte, dende o mesmo lugar, partirán as carreiras infantís, a carreira de sete kilómetros, cuxo custe é de sete euros, e o trail de 14 kilómetros, para o que é necesario aboar dez euros.

Ao ser unha proba benéfica non hai premios en metálico e todos os beneficios irán destinados a Debra España. En www.empa-t.com os interesados atoparán máis información.

A organización dálles as gracias a todos os participantes e colaboradores que fan posíbel unha nova edición na que esperan xuntar unha boa doazón para que Debra siga coa súa importante función.

As inscricións xa están abertas en www.empa-t.com:
– Paseo Solidario e Festa Infantil
– Carreiras infantiles
– Carreira de 7km
– Trail de 14km